Mensa Internacional
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mensa é unha organización para persoas con elevado cociente intelectual. O único requerimento de admisión é obter unha puntuación que estea no 2% superior da poboación nun test de intelixencia.
Índice |
[editar] Introdución
Roland Berrill, un avogado australiano e Lancelot Ware, científico e xurista inglés, fundaron Mensa en Inglaterra en 1946. A súa idea era crear unha asociación de superdotados, cuxo único requisito de admisión fose o cociente intelectual. Os obxectivos orixinais, que seguen a ser os do momento actual, eran crear unha asociación allea a calquera tipo de diferenzas políticas, relixiosas, ideolóxicas ou nacionais. Mensa xunta todo tipo de persoas de calquera procedencia e formación co obxectivo de crear un ambiente socialmente enriquecedor. Mensa acepta como proba de ingreso un certificado expedido por un psicólogo debidamente autorizado para exercer a súa profesión e tamén administra tests de cociente intelectual.
Mensa Internacional tén uns 100,000 socios. O nome procede de mensa, (mesa en latín), en lembranza da "mesa redonda" do Rei Arturo, como símbolo de que é un clube de socios iguais en dereitos e obrigas.
[editar] Obxectivos de Mensa
Mensa tén tres obxectivos declarados:
- Identificar e promover a intelixencia en beneficio da humanidade
- Promover a investigación sobre a natureza, características e aplicacións da intelixencia
- Crear un ambiente social que fomente a actividade intelectual dos seus socios.
[editar] Organización
Mensa Internacional é unha agrupación de Mensas Nacionais. Os socios que residen nun país onde hai unha Mensa constituída pertencen ó devandito grupo, mentres que en países con poucos socios, forman parte de Mensa Internacional. Os dous grupos principais son American Mensa, con 50.000 socios, e British Mensa (inclúe Reino Unido e Irlanda), cuns 25.000. Mensa España funciona dende 1984 e tén 1.200 socios. Existen grupos nacionais recoñecidos en Arxentina e Colombia.