Meristemo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En histoloxía vexetal chámaselles meristemos ós tecidos embrionarios das plantas vasculares formados por células totipotentes das que por multiplicación e diferenciación se forman o resto dos tecidos.
Distínguese entre meristemos primarios, dos que depende o crecimiento en lonxitude, y meristemos secundarios, que producen o engrosamento dos talos e as raíces.
Os meristemos primarios son meristemos apicales, situados no extremo dos talos e das raíces. Deles derivan os tecidos adultos que se forman durante o crecemento en lonxitude, á vez que os meristemos remanentes, que interpostos entre os anteriores, dan lugar á renovación de tecidos vasculares y corticais, por formación de capas concéntricas novas que dan lugar ademais a un engrosamento dos eixes.
Los meristemos están formados por células indiferenciadas, poliédricas, máis ou menos equidimensionais (dimensións parecidas en todas las direccións), apertadamente encaixadas, de parede celular pouco desenrolada (sen parede secundaria) e con pouco volume vacuolar. Como consecuencia das súas divisións mitóticas forman as células que por maduración construirán os tecidos e órganos adultos, á vez que pode manterse o meristemo. Isto último só ocorrerá en órganos de crecemento continuo o periódico, como os talos, e non nos órganos de crecemento determinado, como as follas e nas pezas florais.