Metilxantinas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As metilxantinas son un grupo de alcaloides estimulantes do Sistema nervioso central (SNC), estas son: a teofilina (té), teobromina (chocolate), cafeína (café), e guaranina (guaraná).
O redor da metade da poboación de todo o mundo consume estes alcaloides diariamente. Este grupo comparte unha estrutura especial relacionada co ácido úrico.
A cafeína é 1,3,7- trimeltilxantina, a teofilina é 1,3- dimetilxantina e a teobromina é 3,7-dimetilxantina. As metilxantinas teñen escasa solubilidade, a cal se intensifica pola formación de complexos (1:1) con diversos compostos.
As metilxantinas comparten algunhas accións farmacolóxicas de interese terapeútico, tales como a relaxación do músculo liso (bronquios principalmente), son estimulantes do SNC así como do músculo cardíaco. Sobre os riles teñen un efecto diurético.
Son infrecuentes as intoxicacións letais pola inxestión de cafeína. A cafeína e un composto alcaloide que actúa como estimulante nos humanos e idéntico ca teobromina,teoxilina ...