Metonimia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
[editar] Definición
Tropo que consiste en nomear o todo por unha parte, unha parte por outra, unha parte polo todo,...
[editar] Exemplos
- Desde unha perspectiva diacrónica, a metonimia tivo importancia á hora de provocar cambios semánticos, de significado, nas palabras. O proceso consiste en que o significado dunha palabra pasa a ser substituído por outro contiguo a el:
-
-
- latín BUCCA 'mandíbula, meixela' → boca.
- latín MAXILLA 'queixo' → meixela.
- latín *VERANUS 'tempo primaveral' → med. 'final da primavera' → 'estío'.
- latín CENA 'comida principal que se tomaba sobre as 15h.' → cea.
- latín PORTU 'entrada ó porto' → porto.
-
- Cando xurdiron as marcas comerciais, normalmente con produtos exclusivos (debido a razóns de patente), na lingua comezaron a modificarse os significados dos nomes propios ata facelos xenéricos coma nos nomes comúns:
-
-
- formica é calquera placa de madeira aglomerada forrada con melamina;
- uralita é calquera cemento asbestado;
- cola cao é calquera cacao en po;
- kleenex é calquera pano de papel (admitido na edición do DRAE de 2006);
- quinqué tamén procede do nome da primeira empresa que o comercializou;
- en Vigo, utilizábase Vitrasa tanto para os autobuses de Viguesa de Transportes, S.A. coma para os doutras compañías (noutros lados aconteceu con Castromil) e Faro de Vigo para calquera xornal (así dábase o caso de quen avisaba ó saír de casa "vou mercar o Faro!" e volvía co ABC). Este uso aínda subsiste na xente maior.
-
- En "Un repoludo gaiteiro" (Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro)
-
- Todas, todas, namoradas
- déranlle o seu pensamento
Déranlle o seu pensamento en realidade é unha metonimia (tómase unha parte das mulleres, un anaco imposible de dar, o pensamento, para indicar que se entregaron ó gaiteiro por enteiro a causa do amor que lle profesaban. Agora ben, o resultado final da metonimia aseméllase a un oxímoron (unión de conceptos incompatibles).