Metro de Guangzhou
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Metro de Guangzhou é a rede de metro da cidade de Guangzhou (Cantón), na provincia de Guangdong da República Popular da China. É a cuarta cidade chinesa en construir un sistema do ferrocarril subterráneo logo de Beijing, Tianjin e Shangai. A construción comezou en 1993 e a primeira liña rematouse e abriuse en 1997 e 1999. O sistema adminístrao a Corporación do Metro de Guangzhou establecida en 1992 como empresa estatal dependente do goberno de Guangzhou