Mexillón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O mexillón é un molusco comestíbel, con corpo de cor laranxa protexido por unha cuncha de cor negra. A cuncha está dividida en dúas partes simétricas, e presenta unha forma similar á dunha gota.
Acostuma a atoparse en colonias numerosas. Pode atoparse nos areais, pegado ás rochas, onde acada a auga ao subir a marea; ou mergullado na auga, sempre en zonas de pouca profundidade. O mexillón permanece pechado mentres está ó aire libre.
[editar] Ligazóns externas
- [1] Consello Regulador do mexillón de Galiza