Mi Tierra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mi Tierra foi unha revista gráfica de carácter rexionalista que apareceu en Ourense en xullo de 1911 e que dirixía Eugenio López Aydillo, pretendía recoller a tradición de La Ilustración Gallega y Asturiana, pero desapareceu aos poucos números, a súa trascendencia estivo no feito de poñer en contacto a Castelao co grupo de intelectuais ourensanos que anos máis tarde daría orixe ao grupo Nós.
Entre os seus colaboradores estaban Antón del Olmet, Vicente Risco, Castelao, Manuel Murguía e Antonio Rey Soto.