Miami Vice
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Miami Vice é o nome dunha serie dramática de televisión da compañía NBC, que saiu ó aire a comenzos da década de 1980.
A serie trataba sobre dous axentes de policía de Miami traballando como detectives encubertos en casos de tráfico de drogas, violencia nas rúas, e mesmo casos reais de crimes cometidos en South Beach, Miami.
A serie foi creada por Anthony Yerkovich, producida por Michael Mann (Manhunter, O Dilema), e escrita por Joel Surnow (Wise Guy, 24), para a canle NBC, que a retransmitiu desde 1984 a 1989.
En 2006 apareceu a versión cinematográfica desta serie (Miami Vice (o filme)), dirixida polo que fora o seu produtor nos oitenta, Michael Mann, e protagonizada polos actores Colin Farrell e Jamie Foxx, como a parella de detectives, e Gong Li e o actor lugués Luis Tosar como os traficantes ós que intentan apresar.
[editar] Retransmisións
- En Latinoamérica pódese ver a través da VH1, canle temática de MTV Networks
- En España retransmítese en castelán pola canle TVE 50 años