Michelle Leon
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Michelle Leon foi a baixista da banda de rock Babes in Toyland, á cal se uníu en 1988.
Leon aprendeu a tocar o baixo despois de unirse á banda. Ela tocou nos seus dous primeiros traballos, Spanking Machine e To Mother. Despois da morte do seu mozo, Joe Cole, ela deixou Babes in Toyland en 1992, e foi substituída por Maureen Herman.
Leon casou co baixista Mike Check da banda The Saucers en 1997. Posteriormente ese mesmo ano, como Michelle Check, ela voltou a Babes in Toyland por un curto período.