Miguel V
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Miguel V Calafates (1015 - 24 de agosto de 1042) (en grego Μιχαήλ Καλαφάτης, que significa "o calafate"), foi o sobriño e sucesor como emperador bizantino de Miguel IV e fillo adoptivo da súa esposa Zoe. O seu sobrenome indica o oficio orixinal do seu pai.
Debeu o seu ascenso ao trono o 10 de decembro de 1041 ao seu tío Xoán, ao que case inmediatamente recluíu nun mosteiro. Na noite do 18 ao 19 de abril de 1042 tamén fixo deportar a Zoe, a súa nai adoptiva, coa que compartía o poder, converténdose no único emperador. O anuncio de tal feito na mañá do día 19 deu lugar a unha revolta popular. Foi destronado tras un curto reinado de catro meses, cegado e recluído nun mosteiro. Morreu o 24 de agosto de 1042. A súa impopularidade parece ser debida en gran parte ás súas reformas administrativas, que sufriron a forte oposición das clases dominantes, mentres que as clases baixas considerábano un usurpador.
[editar] Bibliografía
- Miguel Psellos o Xove, Cronografía (ed. esp.: Miguel Pselo, Vidas de los emperadores de Bizancio, Madrid: Ed. Gredos, 2005).
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Miguel IV |
Miguel V (1041-1042) |
Precede a: Zoe |
Dinastía Macedonia |