Mohamed al-Battani
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Abū ʿAbdullāh Muḥammad ibn Jābir ibn Sinān ar-Raqqī al-Ḥarrani aṣ-Ṣabiʾ al-Battānī, latinizado como Albategnius ( Harran ca. 850 - Damasco 929) astrónomo árabe.
Calculou o movemento dos planetas e determinou con gran precisión a duración do ano solar, corrixiu as táboas de Ptolomeo, os seus estudos serviron de antecedente ás Táboas alfonsinas.
O seu máis importante traballo foi Kitāb az-Zīj (O libro das táboas), coñecido en occidente pola súa tradución ao latín no ano 1116, De Motu Stellarum, que tivo unha gran influencia na astronomía europea.