Monte Snaefell
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Snaefell é a montaña máis alta (621 m) e a única superior a 2000 pés da Illa de Man. Dise que nun dia despellado pódense ver seis reinos dende a súa cumbre: Inglaterra, Irlanda, Escocia, Gales, a Illa de Man e o Ceo. O ferrocarril de montaña de Snaefell percorre as catro millas dende Laxey ó cumio. O cume está coroado por unha cafetería e varias antenas de comunicacións.
A estrada de montaña A18 pasa polas pendentes do Snaefell, e é a sección máis outa da Pista de Montaña de Snaefell sobre a cal celébrase a Isle of Man TT Races (carreira de motociclismo).
Hai montañas en Islandia chamadas Snæfell (nótese a suave diferencia de pronunciación), incluíndo a montaña baixo o famoso glaciar Snæfellsjökull. A voz "Snaefell" semella significar "Cume nevada"