Monumento a Emilia Pardo Bazán
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O monumento á Condesa de Pardo Bazán é un conxunto escultórico feito polo artista Lorenzo Coullant Varela por encargo do concello coruñés na memoria da escritora Emilia Pardo Bazán. Atópase nos Xardíns de Méndez Núñez, frecuente lugar de paseo dos coruñeses.