Moscovita
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A moscovita é un tipo de mica bastante frecuente en moitos tipos de rochas. É de cor branca, aínda que ten variedades de cor verdosa coma é a fuchsita. Xunto coa biotita, son os dous tipos de micas que máis abundan na Terra, e polo tanto podémola atopar en moitísimas zonas de Galicia.