Wikipedia talk:Mover ao Wikisource
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
[editar] Organisasao
Un pouco esta intervención é para pedir un pouco de organización no que facemos. Veño até aqui desde a Taberna (perdón se bebin un pouco de máis *-) ), a indicación de Prevert, que sinalaba que o lugar para discutir sobre a Wikisource deberia ser este.
Resulta que no día de hoxe, moi frutífero en discusións por certo, mantiven discusións na miña páxina, na de outros co-galipediáns, en páxinas concretas, en páxinas temáticas - e finalmente aqui. Penso que conviña ter máis claro cal é o sitio apropiado para cada discusión. Nun dos casos, por exemplo, copiei unha discusión da miña páxina para outra para que fose máis debatido o que nela se trataba (porque se non, quen vai mirar na miña páxina?). Podo pedir que alguén dos que tendes máis experiencia nisto redactedes unhas normas sobre o que debe ir en cada páxina de discusión?
E aqui dou-me conta de que eu mesmo acabo de violar a idea que eu tiña. En efecto, cando comecei a redactar o meu propósito era pedir que mee aclarasen algunhas cousas sobre a Wikisource, en concreto:
- Wikisource ou Wikifontes? Isto último gusta-me máis -é máis doado de pronunciar e vai mellor con Galipedia e tal.
- Cando fun a Wikisource hoxe non figuraba o galego entre as línguas que ali se presentan - alguén pode dar-nos de alta, porfa?
- No artigo do millo vin un poema de Rosalia. O seu lugar estaria tamén aí, non?
Xosé(Falarlle) 19:53, 29 Mar 2005 (UTC)