Mulhacén
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Mulhacén, con 3.478 m, é a montaña máis alta da Península Ibérica e da Europa occidental tras os grandes picos do Cáucaso e dos Alpes. Sen embargo no territorio español é superado polo Teide. Localízase na provincia de Granada, no surleste de España e pertence á Serra Nevada, dentro do cordal penibético. O nome provén de Muley Hacén na transcripción romance, ou Muley Abul Hassan, penúltimo rei de Granada no século XV, de quen se di que foi enterrado nesta montaña.