Muwatallis I
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Muwatallis I, rei hitita, sucedeu a Huzziyas II tras asasinalo. O seu goberno forma parte do "período escuro" ou "Reino Medio", do que case non se ten información algunha.
Morreu asasinado a mans de dous homes do seu séquito Kantuzzilis e Himuilis, quen, segundo algúns historiadores, poderían ser fillos de Huzziyas II.
Foi sucedido por Tudhaliyas I, o primeiro gobernante do Reino Novo hitita.
Hititas | ||
---|---|---|
Segue a: Huzziyas II |
Muwatallis I (-?--1465) |
Precede a: Tudhaliyas I |
- |