Talk:Narón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sinceramente as descricións de Narón están equivocadas ou son mentira. Falar como se fala da fibra óptica neste Concello parece insultante sobre todo se vives na zona rural (o 80%) do Concello. Non se discute que unha pequena parte, a que está pegada a Ferrol dispoña de certos recursos. Pero a zona rural non dispón de absolutamente nada de esto, de maneira que nin sequera se garantiza o acceso dunha persoa a súa casa a través dun camiño público.
Xa non entro en que se comente a corrupción ou ilegalidade existentes neste Concello, pero xa que as miñas palabras son censuradas unha e outra vez, que os moderadores poñan polo menos que a descrición non é válida para o 80% do Concello. Porque falar tan esaxeradamente de Narón, si é unha opinión, xa que non é real, nunha palabra: MENTIR.
As parroquias que se mencionan no artigo non coinciden cos do Wikiproxecto de toponimia, Wikipedia:Wikiproxecto Toponimia, dá a sensación que o que se menciona no artigo son parroquias eclesiásticas, que normalmente coinciden coas parroquias oficiais, cando menos no rural, de ser así habería que o especificar no artigo--Rocastelo 11:45, 27 Mar 2005 (UTC)
Efectivamente, en Narón non coinciden as parroquias eclesiásticas coas administrativas. É un caso curioso en Galiza.