Nebulosa planetaria
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nebulosa planetaria é unha denominación errónea, xa que nada teñen que ver con planetas nin con ningún sistema estelar. Moitas están asociadas cunha estrela central, rodeada dunha envoltura discoidal de nebulosidade. A estrela central soe estar moi quente e a súa emisión é maior na parte ultravioleta do espectro; sen embargo, opticamente a nebulosa parece só un tenue anel. A medición do efecto Doppler do seu espectro indica a existencia de turbulencias e movemento na nube. Estas nebulosas expándense a unha velocidade dalgúns quilómetros por segundo.