Nilómetro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En Exipto, o nilómetro era un pozo ancho con escaleira que baixaba até a camada freática e permitía así observar as flutuacións no nível da auga por riba do curso baixo do río Nilo. Cada templo tiña un, que lle servía para calcular a intensidade da inundación anual e, en consecuencia, os impostos debidos para ese ano.
Os nilómetros máis famosos foron o da illa Elefantina, en Asuán, e o da illa de Roda, en Cairo.