Nové Zámky
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nové Zámky (en húngaro Érsekújvár) é unha cidade no suroeste de Eslovaquia. Conta con 42.262 habitantes (2002)
[editar] Historia
A importancia da cidade está na fortaleza contruída entre 1573 e 1581 como defensa contra dos otomanos. Os turcos asaltaron a fortaleza seis veces sen conseguir rendela, en 1663 os otomanos fixéronse coa fortaleza ata 1685, cando as tropas de Carlos de Lorrena entraron na cidade. Durante a Segunda Guerra Mundial os aliados bombarderon a cidade e hoxe só unha pequena parte da fortaleza se conserva.