O pronome de solidariedade galego
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O pronome de solidariedade é unha forma do pronome átono de segunda persoa que se emprega cando se quere facer participar ao interlocutor (ou interlocutores) do que estamos a dicir, implicándoo afectivamente na acción expresada polo verbo.
A información que expresamos nunha oracíón non se ve alterada pola presencia ou ausencia do pronome de solidariedade. Distinguímolo dos outros pronomes en que, se o suprimimos, non se altera a frase.
- Eu márcholle que levo présa
- ¡Estache boa a comida!
- Évos unha boa cousa
As formas son distintas segundo sexan un ou varios interlocutores e segundo empreguemos o tratamento da familiaridade ou o de cortesía:
Un interlocutor | Varios interlocutores | |
---|---|---|
Tratamento familiar | che | vos |
Tratamento de cortesía | lle | lles |
Cando nos diriximos a varios interlocutores e temos, polo tanto, que usar a forma de plural do pronome de solidariedade, pode aparecer tamén unha forma redundante singular:
- Estáchevos boa a comida, Maruxa!
- Échevos unha boa cousa