O señor das moscas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O señor das moscas (Lord of the Flies en inglés) é a primeira e máis importante obra do escritor William Golding. Escrita en 1954, o argumento do libro trata sobre a organización dun grupo de nenos perdidos nunha illa tropical deserta. O avión que os transportaba para salvalos dunha guerra mundial ten un accidente e eles son os únicos supervivintes. Diante deles preséntase unha oportunidade única: a illa ten froitos e comida de abondo, e case nengún perigo. A imitación de A illa de coral os nenos comezán a organizarse para sobrevivir. Pero as cousas comezan a torcerse cando os nenos dexeneran na crueldade e a barbarie. O señor das moscas e un relato cheo de acción. Aínda que os protagonistas sexan uns nenos non debe considerarse un libro infantil senón todo o contrario, é un manifiesto crítico dos valores humanos.
[editar] Personaxes principais:
- Ralph: rapaz de trece anos, elexido xefe do grupo. É o único do grupo que pensa como un adulto, representa o sentido común.
- Piggy: neno de quen todos se burlan debido ó seu aspecto (é gordo e leva lentes) e a que padece asma. Representa a democracia.
- Jack: rapaz da mesma idade que Ralph, xefe do grupo de cazadores, representa a agresividade e o fascismo.
- Simon: rapaz tímido que se marea con facilidade, pero que é curioso e vai na procura da verdade.
- Sameric: Os inseparábeis xemelgos Sam e Eric teñen uns doce anos; representan as masas.
- Roger: aliado de Jack cando forma a súa "tribo de cazadores".
- Os "peques": os nenos de seis ou sete anos, son a inmensa maioría do grupo.