Obelisco dos Cantóns
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A construción do Obelisco remóntase ao ano 1893, cando o Concello propón elevar un monumento que perpetúe a memoria de Aureliano Linares Rivas. Este foi deputado, senador e ministro santiagués durante a rexencia de María Cristina e distinguírase polas súas moitas xestións a favor da Coruña.
Na base deste obelisco están gravados en placas de bronce os datos xeográficos e os climáticos extremos da cidade.