Oblast de Múrmansk
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O óblast de Múrmansk (en ruso: Му́рманская о́бласть) é unha entidade federal de Rusia (un óblast). Está situado no noroeste do país, sendo a súa capital a cidade de Múrmask. Ocupa unha superficie de 144.900 km², e acolle unha poboación de 892.534 persoas (segundo o censo do 2002).
[editar] Xeografía
Xeograficamente está situado principalmente na península de Kola, e forma parte da máis extensa Laponia, rexión que se extende por catro países. O óblast de Múrmansk linda coa república de Carelia (Rusia), co condado de Finnmark (Noruega e Lappi (Finlandia). O condado sueco de Norrbotten está moi próximo tamén.