Oblicuidade da eclíptica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En Astronomía denomínase oblicuidade da eclíptica (ás veces coñecido tamén como simplemente oblicuidade) á inclinación que presenta o eixo de rotación da Terra con respecto á normal ao plano da eclíptica.
Tamén é o ángulo que forma o plano do ecuador terrestre co plano da eclíptica.
Dito ángulo presenta na actualidade 23,5 º, aínda que este valor non é constante debido ao movemento terrestre denominado nutación. Foi medido por primeira vez por Eratóstenes. Debido a esta inclinación prodúcense as estacións.
Ámbolos dous planos, o do Ecuador e a Eclíptica, córtanse no Punto Aries. Cando o Sol está aí prodúcese o inicio da primavera no hemisferio Norte e o inicio do outono no hemisferio Sur.
Para os demais planetas o ángulo que forman o plano do ecuador e o plano da órbita chámase inclinación do eixo e é o responsable neles das estacións.
O caso máis sobresaliente é Marte onde a inclinación (25,19 º) é moi parecida á Terra e como o ano é o dobre de longo provoca estacións tamén o dobre de longas ca na Terra. O corte de ambos planos sinala o Punto Vernal do planeta ou o inicio da primavera no hemisferio norte marciano. Titán tamén parece ter estacións.