Olinda, Brasil
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O nome da cidade de Olinda, segundo se cre, derivou da frase Ó linda localización para construir unha cidade, por causa da beleza da paisaxe que se enxerga desde o outeiro onde se fundou no ano 1535 por Duarte Coelho Pereira. Foi elevada a vila o 12 de marzo de 1537. Olinda era sé da Capitanía de Pernambuco, pero foi incendiada no século XVII polos holandeses, que mudaron a sé para a cidade do Recife. Cando os holandeses foron expulsados o 1654, voltou a ser capital. O 1837, perdeu o título de capital de Pernambuco novamente para Recife.
Olinda ten unha poboación de 367.902 no total e unha área de 37,9 Km². Fai parte da Rexión Metropolitana do Recife, e localízase a 6 Km desta. Limita ao norte coa cidade de Paulista, ao sur e oeste co Recife, e a este co Océano Atlántico.
Non só destaca pola súa beleza natural, tamén é un dos máis importantes centros culturais e históricos do Brasil polas súas casas e igrexas do período colonial. Foi declarada, en 1982, Patrimonio Histórico e Cultural da Humanidade pola UNESCO. O seu Carnaval tamén é coñecido en todo o Brasil e no exterior.
[editar] Ligazóns externas
- Prefeitura Municipal de Olinda concellería municipal. En portugués