Onda Obreira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Onda Obreira foi unha emisora de radio da cidade de Ferrol, posta en marcha por Comisións Obreiras tras unha resolución do seu consello confederal logo de non concellerse unha concesión para unha emisora do sindicato. Comezou a emitir o 1 de maio de 1985 e estivo nas ondas durante dous anos. A súa programación cubría cinco horas diarias, contaba con 30 colaboradores e daba prioridade á información local e laboral.