Orco
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Substantivo, m.s.
1. Mitoloxía. Na Roma clásica, lugar oposto á Terra, onde se creía que ían os mortos.
2. Ling. poética. Reino da morte, inferno.
3. Personaxe fantástico.
Este personaxe é moi frecuente en relatos de fantasía épica. É unha especie antropomorfa de costumbes brutais creada pola imaxinación de J.R.R. Tolkien dentro da súa saga do "Hobbit" e do "Señor dos Aneis".
Hai varias versións dentro da propia mitoloxía tolkieniana en relación ca orixe concreta dos Orcos.
- Unha delas baséase na crenza dos propios Elfos de que os Orcos eran unha parte dos Avari ou Elfos Renuentes (aqueles que non quixeran facer a Grande Viaxe), que se volveran salvaxes e malvados nas súas terras.
- A outra, segundo se nos conta no "Silmarillion", narra que nos primeiros tempos da Terra Media, tempos en que o malvado Melkor xa estaba enfrentado ó resto dos Valar, moitos elfos que se alonxaban sós dos seus dominios eran raptados por Melkor, que os mantiña captivos e esclavizados, para ilos corrompendo ca súa crueldade. Estes seres, contrariamente a moitas das creacións de Melkor, tiñan vida propia e se reproducían, á imaxe do resto do fillos de Ilúvatar.
Así criouse, disque, a raza dos Orcos, unha raza que non era máis que unha imaxe distorsionada dos propios elfos, nacida do odio e a envidia de Melkor hacia eles.