Os Monegros
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os Monegros é unha comarca aragonesa dividida entre as provincias de Zaragoza e Osca.
A serra de Alcubierre cruza a comarca de noroeste a sueste, alcanzando a súa maior altura no monte Oscuro, con 822 m. O clima é semiárido con escasa pluviosidade e altas temperaturas no verán. Hai moitas lagoas, salgadas e balsas, que forman o complexo endorreico máis importante de Europa. Destacan a lagoa de Sariñena e a da Praia.
Entre o seu patrimonio artístico destaca o Mosteiro de Sixena e a Cartuxa das Fontes.
Limita ao norte coa Hoya de Huesca, ao leste co Somontano de Barbastro, o Cinca Medio e o Baixo Cinca, ao oeste coa comarca de Zaragoza e ao sur coa Ribeira Baixa do Ebro e o Baixo Aragón-Caspe.
- Capital: Sariñena
- Superficie: 2.764.9 qm2
- Poboación: 21.641 habitantes
- Densidade: 7,8 ab/qm2
Concellos: Albalatillo, Albero Baixo, Alberuela de Tubo, Alcubierre, A Almolda, Almuniente, Barbués, Bujaraloz, Capdesaso, Castejón de Monegros, Castelflorite, Farlete, Grañén, Huerto, Lalueza, Lanaja, Leciñena, Monegrillo, Peñalba, Perdiguera, Poleñino, Robres, Sangarrén, Sariñena, Sena, Senés de Alcubierre, Tardienta, Torralba de Aragón, Torres de Barbués, Valfarta e Villanueva de Sigena.