Os Picapedra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os Picapedra (en inglés The Flintstones) foi unha serie animada de Hanna-Barbera, unha das series máis exitosas de tódolos tempos. Estreouse o 30 de setembro de 1960 e estivo en antena en horario de máxima audiencia ata 1966, emitida pola canle de televisión norteamericana ABC.
A historia tiña lugar nunha vila chamada Pedradura, na Idade de Pedra pero cunha sociedade moi semellante á estadounidense a mediados do século pasado.
Estaba ambientada nun mundo de fantasía onde os dinosauros, mamuts e outros animais xa extinguidos convivían cos humanos, que empregaban tecnoloxía semellante á do século XX pero con animais que realizaban as súas funcións. As personaxes conducían automóbiles feitos de rochas e peles de animais.
As principais personaxes da serie eran Os Picapedra, parella formada por Pedro e Vilma, e os Mármore, matrimonio formado por Pablo e Betty. Na etapa final da serie incorporáronse os seus fillos: Pebbles Picapedra e Bam-bam Mármore.
[editar] Historia
Orixinalmente, a serie estaba dirixida a un público adulto, o que se apreciaba por estar patrocinada pola marca de tabaco Winston. Nalgúns dos seus anuncios aparecían as personaxes da serie.
Os Picapedra mantivo o seu récord como a serie animada máis longa ata 1997, ano no que dito récord pasou a ser doutra serie, Os Simpsons.
Fixéronse dúas adaptacións ao cine con actores reais, en 1994 e 2000.