Os verbos regulares galegos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Os máis dos verbos galegos son regulares xa que seguen ríxidamente uns patróns determinados de conxugación. Fronte a estes, un número pequeno de verbos, case todos de uso frecuente, presentan unha variedade de formas dificilmente reducibles a un sistema: son os irregulares.
Vexamos a continuación como son conxugados estes verbos regulares, tomando coma exemplo os verbos cantar, comer e partir.
Cantar | Comer | Partir | |
---|---|---|---|
Infinitivo | cantar | comer | partir |
Xerundio | cantando | comendo | partindo |
Participio | cantado | partido | comido |
Presente Indicativo | canto cantas canta cantamos cantades cantan |
como comes come comemos comedes comen |
parto partes parte partimos partides parten |
Copretérito | cantaba cantabas cantaba cantabamos cantabades cantaban |
comía comías comía comiamos comiades comían |
partía partías partía partiamos partiades partían |
Preterito (Indicativo) | cantei cantaches cantou cantamos cantastes cantaron |
comín comiches comeu comemos comestes comeron |
partín partiches partiu partimos partistes partiron |
Antepretérito | cantara cantaras cantara cantaramos cantarades cantaran |
comera comeras comera comeramos comerades comeran |
partira partiras partira partiramos partirades partiran |
Futuro (Indicativo) | cantarei cantarás cantará cantaremos cantaredes cantarán |
comerei comerás comerá comeremos comeredes comerán |
partirei partirás partirá partiremos partiredes partirán |
Pospreterito | cantaría cantarías cantaría cantariamos cantariades cantarían |
comería comerías comería comeriamos comeriades comerían |
partiría partirías partiría partiriamos partiriades partirían |
Presente (Subxuntivo) | cante cantes cante cantemos cantedes canten |
coma comas coma comamos comades coman |
parta partas parta partamos partades partan |
Preterito (Subxuntivo) |
cantase cantases cantase cantasemos cantasedes cantasen |
comese comeses comese comesemos comesedes comesen |
partise partises partise partisemos partisedes partisen |
Futuro (Subxuntivo) | cantar cantares cantar cantarmos cantardes cantaren |
comer comeres comer comermos comerdes comeren |
partir partires partir partirmos partirdes partiren |
Imperativo | canta cantade |
come comede |
parte partide |
Infinitivo Conxugado |
cantar cantares cantar cantarmos cantardes cantaren |
comer comeres comer comermos comerdes comeren |
partir partires partir partirmos partirdes partiren |