Ourego
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ourego | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
||||||||||||
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Origanum vulgare | ||||||||||||
![]() |
O ourego (Origanum vulgare) é unha planta labiada orixinaria de Europa, rexión mediterránea e Asia central e do sur. É unha herba perenne que chega a medir de 20 a 80 cm de alto, con follas opostas que miden 2 a 4 cm. de longo. As flores son brancas ou purpúreas, nacen en inflorescencias terminais moi ramificadas, estan protexidas por folliñas moi pequenas de cor vermello e miden 3-4 mm. O seu nome deriva do grego origanon (ὀρίγανον), de oros (ὄρος), "montaña” + o verbo ganousthai (γανοῦσθαι) "deleitarse con".
A planta posúe unhas glándulas pequenas que conteñen a esencia aromática, de cor amarelo limón composta por un estearopteno e dous tipos de fenois, un deles o carvacrol. As raíces conteñen estaquiosa e os talos substancias tánicas. O ourego e unha herba moi importante na cociña, particularmente na zona mediterránea. A parte usada na cociña son as follas, sendo as secas máis aromáticas cas verdes.