Ouro Preto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ouro Preto | |
---|---|
Estado | Minas Gerais |
Área | 1248,64 km² |
Poboación | 68.208 (2004) |
Altitude | 1179 m sobre o nivel do mar |
Latitude | 20º17'15" S |
Lonxitude | 43º30'29" O |
Distancia de Belo Horizonte | 99 Km |
Código postal (CEP) | 35400-000 |
Administración local: | Prefeitura Municipal de Ouro Preto Praça Barão do Rio Branco 156 - Centro |
Internet: | http://www.ouropreto.mg.gov.br |
Alcalde (Prefeito) | Ângelo Oswaldo de Araújo Santos |
Ouro Preto é unha cidade do estado brasileiro de Minas Xerais. Sitúase a 99 km da capital, Belo Horizonte, por estrada asfaltada. É unha das máis antigas cidades de Minas Xerais, e foi fundada despois da descoberta de ouro na rexión.
A actividade mineira foi o sector máis importante da súa economía no período colonial brasileiro, pero hoxe as antigas minas de ouro xa se esgotaron. Non obstante, a riqueza do pasado mineiro aínda hoxe axuda a economía local, ó atraer turistas que buscan coñecer as súas construcións do rico período colonial. Ouro Preto ten o máis extenso conxunto preservado de construcións coloniais do século XVIII nas Américas, e foi declarada Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO.
Ademais do turismo histórico, o municipio ten locais para o turismo ecolóxico nas paisaxes naturais ó redor da cidade. Posúe tamén unha universidade pública, a Universidade Federal de Ouro Preto (UFOP), con máis de 5 mil estudantes.