Talk:Países Cataláns
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Non creo que nun artigo que se tratan ós Países Cataláns coma o lugar onde se fala o catalán estea ben que poñamos este mapa. O catalán non se fala en toda a Cataluña do Norte, e seguindo a descripción textual de Países Cataláns deste artigo son os territorios nos cais os habitantes falan catalán, ou hai dereitos e deberes lingüísticos para os seus habitantes nesa lingua, creo que se debería de retirar este mapa; porque, como ben se pode observar neste mapa de Commons, no norte de Cataluña do Norte non se fala catalán, e estou seguro de que non hai dereitos e deberes lingüísticos para os seus habitantes nesa lingua. Na metade de Valencia tampouco se fala catalán, nin hai polo tanto dereitos nin deberes lingüísticos para os seus habitantes nesa lingua. Este artigo trata sobre os Países Cataláns da súa reclamación política , e non dos Países Cataláns coma lugar onde se fala catalán.
Xa para rematar, outro texto que non me parece demasiado correcto:
Ao norte: Occitania Ao sur: Murcia Ao leste: O Mar Mediterráneo Ao oeste: Aragón e Castela
¿Por que non usamos os territorios oficiais e poñemos os territorios que millor nos parecen? ¿Con qué sentido poñemos ao oeste Aragón e Castela, en vez de Aragón e Castela-A Mancha? E Occitania, para ben ou para mal, non é un territorio oficial para que afirmemos que está ó norte dos Países Cataláns.
Suxiro que todo isto sexa correxido o que o nome do artigo se mova a Reclamación política dos Países Cataláns ou algo polo estilo.
--O Tin -- Contradíceme se te atreves 11:49, 7 xullo 2006 (UTC)