Pakarripa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pakarripa foi un distrito do reino de Mitanni, situado aproximadamente ao sueste de Washukanni.
A terra de Pakarripa rendeuse a Kili-Teshub e os seus protectores hititas, e o hurrita e o rei Piyasilis I de Karkemish, fillo do rei hitita Suppiluliumas I, estiveron aquí e tomaron posesión dela e, mentres estaban alí, chegoulles unha mensaxe informando de que os asirios marchaban contra eles; os hititas marcharon contra os asirios e estes retiráronse sen combater.