Palencia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Palencia é unha cidade española situada na comunidade de Castela e León, capital da provincia do mesmo nome situada na chaira de Terra de Campos, na beira do río Carrión. Situada a 749 m de altitude, dista 235 km de Madrid e en 2005 contaba con 81.439 habitantes sobre unha extensión de 94,71 km².
O seu carácter interior, apartada de casi toda influencia marítima, determina que o clima sexa continental, cunha ampla oscilación térmica. A temperatura media de xaneiro é de 0,4ºC e a de xullo de 18ºC, pero chega a mínimas absolutas de ata 14º baixo cero e ata 3 meses de xeadas; no verán chéganse a alcanzar ata 40º de temperatura. As precipitacións anuais son normals cunha media de 600,2 mm, cun máximo primaveral e un mínimo estival. Os días despexados son 65 como media anual.