Parati, Brasil
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Parati | |
---|---|
Estado | Rio de Janeiro |
Área | 933,8 km² |
Poboación | 30 920 (2004) |
Altitude | 5 m sobre o nivel do mar |
Latitude | 23º13' 04" S |
Lonxitude | 44º19' 05" O |
Distancia da cidade do Rio de Janeiro | 261 Km |
Código postal (CEP) | 23.970-000 |
Administración local: | Prefeitura Municipal de Parati Alameda Princesa Isabel s/nº, Pontal |
Internet: | http://www.paraty.tur.br |
Alcalde (Prefeito) | José Carlos Porto Neto |
Parati é unha cidade brasileira no litoral suroeste do estado de Rio de Janeiro, xunto á divisa co estado de Sao Paulo.
Moi antiga para os padróns da América do Sur, a cidade foi poboada entre os anos 1533 e 1560. En 1667 tornouse vila por un decreto do rei de Portugal. Serviu de porto para a exportación do ouro producido en Minas Xerais ata ser substituida nesa función pola cidade do Río de Xaneiro.
As construcións preservadas do periodo colonial no seu centro historico, ademáis de suas praias e illas, atraen hoxe turistas do Brasil e do exterior, facendo do turismo unha das máis importantes actividades económicas da cidade. Outras actividades económicas son a agricultura (cana de azucre, mandioca e banana) e a producción de augardente de cana.
Grande parte da exuberante vexetación de mata atlántica da cidade está protexida no Parque Nacional da Serra da Bocaina, que se estende ata a cidade de Cunha, no estado de Sao Paulo, a cal se liga por unha estrada precaria. Parati ligase coas cidades litoráneas do estado de Sao Paulo e coas cidades de Angra dos Reis e Rio de Janeiro pola estrada BR-101 (coñecida como Rio-Santos), asfaltada dende 1973.

[editar] Ligazóns externas
- Paraty Turismo en portugués, castelán e inglés
- Portal de Servizos de Angra dos Reis e Paraty