Parazoa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os parazoa (do grego παρα-, para, "xunto a", e ζωα, zoa, "animal") son unha división animal caracterizada pola presenza de tecidos parcialmente diferenciados, pero carente de músculos, nervios e órganos internos, o que os asemella en moitos casos a unha colonia celular máis que a un organismo multicelular propiamente dito.
Se ben posúen células diferenciadas para diversas funcións, o seu corpo está formado por unha matriz xelatinosa, con numerosos poros finos ou ostiolos por onde entra auga. Células en colar (coanocitos) capturan as partículas de alimento, que se dixiren intracelularmente. Posúen un esqueleto interno, formado por espículas.
Outra característica dos Parazoos ben determinada polo seu alto poder rexenerativo, é a súa capacidade de disgregación e rexeneración. Se por exemplo, unha esponxa se rompe en anacos, comprobaremos como se volve a refacer de forma xeral todo o corpo grazas ó traballo dos amebocitos.
O gran número de caracteres peculiares pon de manifesto a súa singularidade e xustifica que se recoñeza ás esponxas como unha rama especial dos metazoos: os parazoos.
O único fila dos Parazoa, os porifera ou esponxas amosan reproducción tanto asexual como sexual. Son invariablemente acuáticos. Os adultos son sésiles, mentras que as larvas nadan libremente.
O feito de que estes animais se teñan especializado por vías alleas ás doutros animais, non implica que non tiveran éxito, xa que hoxe hai máis de 5.000 especies de esponxas, que na súa simplicidade son moi eficaces.
Algúns científicos inclúen no subreino parazoa os Placozoa, un phylum que consta só de dúas especies Trichoplax adhaerens e "Treptoplax repans formando este grupo. Outros científicos prefiren incluilos no subreino Agnotozoa xunto cos membros do phylum Mesozoa . Outros escollen crear un subreino própio e único para estas especies chamadoPhagocytellozoa
Categoría:Parazoa