Partido Agrario Ambientalista
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Partido Agrario Ambientalista (Partia Agrare Ambientaliste en albanés) é un partido político albanés. Fundouse en 1991 como Partido Agrario de Albania (Partia Agrare e Shqipërisë). É un partido agrario reformista dirixido por Lufter Xhuveli. Nas eleccións de 1997 obtivo o 0.8% e 1 deputado, nas eleccións de 2001 obtivo o 2.6% dos votos e 3 escanos e formou parte do goberno que encabezou o Partido Socialista de Albania e nas eleccións de 2005 aumentou ata o 6.5% dos votos e 4 escanos na Asemblea de Albania.