Partido Democrático Alemán
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Partido Democrático Alemán (Deutsche Demokratische Partei, DDP) foi un partido político alemán formado ao comezo da República de Weimar ao unirse o Partido Progresista Popular e o sector esquerda do Partido Liberal Nacional en 1919 representando aos liberais de esquerda e que foron xunto co SPD o partido que máis pulou polo mantemento da forma de goberno democrática e republicana. Formou parte do primeiro goberno de Weimar e aínda que dimitiron como protesta polo Tratado de Versalles ao pouco voltaron ao goberno. Os seus líderes foron Walther Rathenau, Eugen Schiffer, Otto Preuss, Otto Gessler e Erich Koch-Weser, e entre os membros máis coñecidos do DDP pódense citar a Theodor Heuss, Albert Einstein, Thomas Mann, Ludwig Quidde e Max Weber. En 1930 uniuse á Asociación Nacional do Reich, partido político que xurdira da nacionalista Jungdeutscher Orden, para formar o Partido do Estado Alemán que fracasou nas eleccións de 1930, o que provocou que tras a marcha da ANR o novo partido fora fundamentalmente o antigo DDP con outro nome. En 1933 xunto co resto dos partidos foi disolto polos nazis.
[editar] Eleccións
- 1919:18.5%
- 1920:8.3%
- 1924:13.4%
- 1928:12.1%
- 1930:3.8%
- 1932:1%
- 1933:0.9%