Patrick Süskind
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
Patrick Süskind (n. 26 de marzo de 1949; Ansbach, Baviera) escritor alemán e guionista de cine.
[editar] Biografía
Realizou estudos de Historia Medieval e Moderna na Universidade de Munich e en Aix-en-Provence entre 1968-1974. Na década de 1980 traballou como un guionista televisivo, para "Kir Royal" e "Monaco Franze" entre outros.
Seu pai, Wilhelm Emanuel Süskind, foi escritor e tradutor, traballou durante longo tempo no periódico alemán Süddeutsche Zeitung. Seu irmán maior, Martin E. Süskind é xornalista.
A súa primeira obra foi o monólogo O contrabaixo, estreado en Munich en 1981, que na tempada 1984/85 ofreceu 500 representacións, converténdose así na peza de teatro de idioma alemán con maior duración en cartel e séguese repoñendo habitualmente en teatros alemáns e internacionais. Mais o éxito chegoulle coa novela, O perfume (1985) traducido a máis de 40 linguas, entre elas o latín; a obra converteuse rapidamente nun bestseller con aproximadamente 15 millóns de exemplares vendidos; no ano 2006 o director Tom Tyker levouna ao cine. Outras obras súas son: A Pomba (1988), A historia do señor Sommer (1991)ou Tres Historias (1996).
Süskind concede moi poucas entrevistas, non aparece en público e rexeitou varios recoñecementos, como os premios de literatura Gutenberg, Tukan e FAZ. Non asistiu tampouco á estrea internacional da película O Perfume en Munich.
Existen moi poucas fotografías de Süskind, aínda que na película para televisión "Monaco Franze" fai un pequeno papel de figurante no noveno episodio.
[editar] Obra
- Der Kontrabass (O contrabaixo), 1981
- Das Parfum 1985; tradución galega de Luís Fernández Rodríguez: O Perfume. Historia dun asasino, Ed. Sotelo Blanco, 2006, ISBN 84-7824-502-2
- Die Taube (A pomba), 1987
- Die Geschichte von Herrn Sommer (A historia do señor Sommer), 1991
- Drei Geschichten (Tres historias) 1995
- Über Liebe und Tod (Sobre o amor e a morte), 2006
[editar] Guións
- Der ganz normale Wahnsinn (A máis normal loucura), 1980, con Helmut Dietl
- Monaco Franze, 1982, con Helmut Dietl
- Kir Royal, 1986, con Helmut Dietl
- Rossini – oder die mörderische Frage, wer mit wem schlief (Rossini –ou a pregunta asasina, quen dorme con quen), 1997, con Helmut Dietl
- Vom Suchen und Finden der Liebe (Da procura e encontro do amor), 2005, con Helmut Dietl