Pazo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En Galiza chámaselle pazo a unha casa tradicional, grande para o seu tempo, residencia de persoas importantes na súa comunidade (antes, de reis ou nobres). Co tempo foi converténdose na marca social e refuxio da decrecente clase fidalga, que retratou nas súas novelas Otero Pedrayo na entrada do século XX. Ó pazo coma estrutura arquitectónica asociábaselle unha rede social: a dos serventes do fidalgo e dos tributarios de foros, que mesmo chegaban a vivir no mesmo recinto (sobre todo os primeiros). Como palabra, é un cognado de palacio, pois procede do latín palatiu(m). Os pazos de Galiza son un excelente exemplo de arquitectura civil tradicional, aínda que moitos tamén teñen unha capela propia para celebracións relixiosas.
[editar] Ver tamén
- Casa grande