Pero Meogo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pero Meogo foi un xogral galego-portugués do que non se ten case información. Sabemos que debeu ser contemporáneo do rei Don Dinís de Portugal (que reinou desde 1279 até 1325), xa este rei-trobador compuxo unha cantiga de seguir que está relacionada coa cantiga de Meogo Levantous´a velida. Consérvanse nove cantigas de amigo da autoría de Meogo.
Os especialistas na lírica medieval galego-portuguesa Carlos Alvar e Vicente Beltrán sitúan a obra de Pero Meogo a medio camiño entre a cantiga narrativa e a de amigo. Neste autor vemos un amplo uso de símbolos da natureza, e sobre todo, do cervo.
[editar] Edicións
- MÉNDEZ FERRÍN, X. L., O cancioneiro de Pero Meogo, Vigo, Galaxia, 1966.
- L. A. de AZEVEDO FILHO, As cantigas de Pero Meogo, Brasília, 1981.