Peter Lovesey
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Peter Lovesey (nado en 1936 en Whitton) é un escritor inglés de novela policíaca.
Estudou en Reading e traballou como profesor para adultos, pero a partir de 1975 deixouno para se dedicar por completo á literatura.
A súa primeira novela foi Wobble to Death en 1970, onde aparece por vez primeira o sarxento Cribb, detective vitoriano. Escribiu tamén unha serie de novelas protagonizadas polo detective Peter Diamond, que apareceu por vez primeira en The Last Detective(1991). As súas novelas traducíronse a 22 linguas e serviron de base a filmes e series de televisión