Pierre Bayle
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pierre Bayle (1647 – 1706) foi un escritor e filósofo francés.
Naceu en Carla-le-Comte, preto de Pamiers (Ariège), educouno o seu pai, ministro calvinista, e logo estudou en Puylaurens e en 1669 entrou no Universidade xesuíta de Tolosa, convertido ao catolicismo, dezasete meses despois voltou ao catolicismo e fuxiu a Xenebra, para evitar a persecución debida á revocación do Edicto de Nantes por Luís XIV, alí entrou en contacto coa obra de René Descartes.
Durante anos foi titor de varias familias parisienses baixo o nome de Bèle ata que en 1675 foi nomeado profesor de filosofía na Universidade protestante de Sedan ata que en 1681 quedou suprimida. Nomeado profesor de filosofía e historia na Ecole Illustre en Róterdan, alí publicou en 1682 Pensées diverses sur la comète de 1680 e a súa crítica do traballo de Louis Maimbourg sobre a historia do calvinismo, que lle deu unha gran reputación en medios calvinistas.
En 1684 comezou a publicación de Nouvelles de la république des lettres, unha gaceta de crítica literaria, que constituiu o primeiro intento de popularizar a literatura. O seu Dictionnaire historique et critique constituiu un precedente de L'Encyclopédie.