Pieter Brueghel o Novo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pieter Brueghel O Novo (1564 - 1638), naceu en Bruxelas; morreu en Amberes. Era un pintor flamengo do Renacemento tardío, fillo de Pieter Brueghel o Vello e irmán de Jan Bruegel (I). Foi alcuñado como « Brueghel do Inferno » por mor dun dos seus temas favoritos: os incendios. Formouse en Amberes onde se fixo mestre en 1585. Moi logo se encontrou á dirección dun taller moi productivo e con numerosos discípulos (como o seu fillo Pieter III). Foi un imitador da obra do seu pai, da que executou numerosas copias para responder á demanda de coleccionistas (están rexistrados non menos de 13 nomes); gracias a este labor coñecemos algo de orixinais do pai que desapareceran. Toda a súa vida conservou o estilo realístico flamengo.
[editar] Obras (selección)
- Feira na aldea
- A Crucifixión
- O Inverno, cazadores na neve
- Voda aldeana