Piscina
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha piscina é un lugar onde se practica a natación e outros deportes acuáticos coma o waterpolo. Empréganse derivados de cloro para mantelas limpas, e contrólase a súa pH e en ocasións ata a temperatura do auga.
Así mesmo, existen varias modalidades, como as fixas, as portátiles e as desmontables. E de distintos materiais, como poliéster, de concreto, recubiertas de mosaico, etc.
Dentro do ámbito deportivo podemos diferenciar tres grandes tipos de piscinas: a piscina de 50 metros, ou piscina olímpica, denominada así por ser a piscina oficial dos Xogos Olímpicos, a piscina de 25 metros e a piscina de saltos, de menores dimensións. Os seus usos deportivos son moi variados, utilizándose no campo da natación, o waterpolo, a natación sincronizada ou os saltos.
[editar] Coidado da piscina
No coidado do auga dunha piscina é necesario ter en conta unha serie de parámetros:
Parámetros normais nunha piscina | ||
---|---|---|
Porcentaxe de cloro libre | 1,5 - 2,0 mg/L (1,5 - 2,0 ppm) | O cloro pode engadirse directamente, ou producirse mediante hidrólisis de sales. |
Salinidade | 4 g/L (4 kg/m³) | De cando en vez, pode ser necesaria a achega de sal. |
pH | 7,2 - 7,6 (ideal 7,2 - 7,4) | Pode reducirse mediante a adición de ácido, e aumentarse mediante a adición dunha base (pH ), tal como o bicarbonato sódico, de fórmula NaHCO3. |
Alcalinidade total | 8 - 15 ºf (80 - 150 ppm) | Unha alcalinidad elevada produce un nivel de pH inestable |
Dureza do auga | < 40 ºf (<400 ppm) | Para reducir a dureza do auga, realízase un proceso de descarbonatación, mediante a adición de carbonato de sodio, de fórmula Na2 CO3. |