Policía Autonómica Galega
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Policía Autonómica Galega é unha unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á comunidade autónoma galega.
Depende orgánicamente da Dirección Xeral de Policía (Ministerio do Interior) e funcionalmente da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil da Xunta de Galicia, segundo as previsións do artigo 25.27 do estatuto de autonomía de Galicia.
Cando foi creada o 19 de xuño de 1991, dispoñía duns 300 axentes, hoxe en día son 407. Os plans da Xunta do 2004 eran de que o número de axentes chegue a 1.500 antes do 2007, a metade dos cales ocuparíase de funcións de vixianza do tráfico. Actualmente hai 680 Gardas Civís ocupandose destas tarefas na comunidade, que recibirán a oferta de incorporarse ó corpo autonómico [1].
Por outra parte, os plans para a policía autonómica galega do atual goberno da Xunta, pretenden que asuma as mesmas competencias que outras policías autonómicas, sobre todo no referente a actividades de policía xudicial e de seguridade cidadana [2]. Ademáis, "a Xunta de Galicia garantirá o coñecemento da realidade sociopolítica, xurídica e cultural, e o coñecemento e uso da lingua galega de todos os funcionarios que se incorporen á policía autonómica".