Porco Rosso
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Porco Rosso - (紅の豚 - Kurenai no buta), é unha película anime de 1992, sobre un piloto italiano, as da Primeira Guerra Mundial, que vive coma cazarrecompensas independente contra os "Piratas do Aire" no Mar Adriático. Disque foi vítima dunha maldición que o converteu nun porco. Outros aseguran que el mesmo maldiciuse ó remata-la Gran Guerra, farto dunha humanidade corrupta e que adoraba a guerra e o sangue. Cando coñece a Fio decátase de que aínda quedan persoas boas e puras e dalgún xeito, é capaz de anula-lo feitizo.
Foi orixinalmente pensada coma unha película pra amosar en voo prás Japan Airlines, baseada no manga de Miyazaki The Age of the flying Boat (A Era dos Botes voadores), pero a produción foi ensombrecida pola guerra en Iugoslavia que acabou dándolle á película un ton máis serio.
[editar] Créditos
- Título: Porco Rosso
- Ano: 1992
- Dirección, historia orixinal e guión: Hayao Miyazaki
- Música: Joe Hisaishi
- País: Xapón
- Duración: 94 min
- Xénero: aventura, fantasía
- Produción: Studio Ghibli
[editar] Ligazóns externas
- Páxina de Porco Rosso en Nausicaa.net
- Sobre o manga de Miyazaki A Era dos Botes voadores
- Sobre Porco Rosso en Internet Movie Data Base (www.imdb.com)